CLARA PINO & PABLO VIDAL

Os dous autores amosan neste proxecto unha fusión entre música de autor, tradición e vangarda. 

O título escollido por Clara Pino e Pablo Vidal para denominar o seu primeiro CD conxunto é "NOWHERE" (Ningures) que fai referencia aos chamados “non lugares” ou “lugares de tránsito”.

O CONCERTO Consta das cancións orixinais do último traballo de Clara Pino e Pablo Vidal (NOWHERE), cancións de traballos anteriores (SETE SAIAS etc.), novas cancións de ámbolos dous e tradicionais galegas.

Clara Pino (arpa celta, voz) compaxina a súa labor como docente coa creación musical. Entre os seus traballos discográficos caben destacar “Sete Saias”, “Loaira” e “Un dedo manchado de tinta”. Mencionar tamén o premio otorgado pola Consellería de Educación co proxecto “A música desde o silencio” que inclúe a creación do tema e videoclip “Contracorrente”, no que participa Pablo Vidal. Colaborou nos proxectos de música infantil “A nena e o grilo nun barquiño”, “Pitusa Semifusa” e “Alegría”.

Pablo Vidal (contrabaixo, voz) conta cunha longa traxectoria musical que abrangue desde o jazz, o rock, á música orquestral e infantil, e múltiples colaboracións no panorama musical galego (Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Xoán Curiel, etc.). Entre os seus últimos traballos discográficos como músico e productor destacan: “TATÁN CHAPEU”, “JAZZ PAGANO” (Pablo Vidal Trío), OS RESENTIDOS & Lira Big Band, “ORIXE” (Pablo Vidal Group), “NOWHERE” (Clara & Pablo), PROXECTO SAPOCONCHO e GALICIA FERMOSA.

 Copyright © 2018  Pablo Vidal